As cr​ó​nicas

by os Amigos dos Músicos

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €0.25 EUR  or more

     

lyrics

Sen sabelo viaxamos sen mapas a un punto de encontro
que o destino tiña nun libro escrito no lombo.

Non me vestín para a ocasión, deixei a porta aberta,
tan só deixamos que as voces trocasen muros por xanelas.

E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron.

Os trópicos e os meridianos empurraban a terra
facéndose acenos coidadosos para non levantar sospeitas.

Castros, montes e praias, pedras, flores e area
foron facendo escolma, reflectida en verbas e estrelas.

E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.

E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron,
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.

A forza dunha onda que fai belida a rocha
e as nosas mans como vides, que ao sol medran con forza.

De mares e interiores faise o cóctel segredo
que un día un alquimista mesturou con bo xeito.

E así comezaron as crónicas, así as verbas fluíron
facendo que o tempo parase na procura dun novo camiño.

credits

released March 13, 2019

license

all rights reserved

tags

about

Os Amigos dos Músicos Ourense, Spain

Prensa e contratación:
nos@osamigosdosmusicos.eu

contact / help

Contact Os Amigos dos Músicos

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

Os Amigos dos Músicos recommends:

If you like As crónicas, you may also like: