Non para a festa

by Os Amigos dos Músicos

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Vai de primeiro
o señor boteiro.
Tanxen campás,
son rebuldeiro.
Séguelle a gárgola
de Celanova
montando estrondo
cunha tixola.
O vellarrón
vén de Riós
facendo ruído
co seu tambor.
E unha mázcara
que é da Xironda
bate que bate
na cazarola.
Chegan de Baños
catro charrelos
con pandeiretas.
Dá xenio velos!
E logo vai
un chocalleiro,
que en vez de chocas
trouxo un pandeiro.

A peliqueira
das Teixugueiras
sopra na gaita.
Viva a gaiteira!
E o follateiro
que é un pouco rosmón
peta no bombo:
pom-pom-pom-pom.
Felos de Esgos
e Boborás
tocan nas cunchas:
chascarraschás!
Unha bonita
dirixe a orquestra;
todos a miran,
moito lle presta!
Un madamito
e unha madama
montan barullo
cunha gadaña.
Dende Buxán
a barullada
ármana as máscaras
con sachos e aixadas.

Touro e xigante
de Celavente
con aturuxos
moven a xente.
E o cabreiro
vén de Muíños
cantaruxando
«O Miudiño».
O vixigueiro,
que é de Samede,
sen que llo manden
tira foguetes.
E a Marela
que che é moi !na
lanza confeti
e serpentinas.
Dende a Veiga
chegou o boi.
Queredes viño?
Traio un bocoi!
E xa pechando
a comitiva
o fedelloso
papa na bica.

Vai de primeiro
o señor boteiro.
Tanxen campás,
son rebuldeiro.
Séguelle a gárgola
de Celanova
montando estrondo
cunha tixola.
O vellarrón
vén de Riós
facendo ruído
co seu tambor.
E unha mázcara
que é da Xironda
bate que bate
na cazarola.
Chegan de Baños
catro charrelos
con pandeiretas.
Dá xenio velos!
E logo vai
un chocalleiro,
que en vez de chocas
trouxo un pandeiro.

A peliqueira
das Teixugueiras
sopra na gaita.
Viva a gaiteira!
E o follateiro
que é un pouco rosmón
peta no bombo:
pom-pom-pom-pom.
Felos de Esgos
e Boborás
tocan nas cunchas:
chascarraschás!
Unha bonita
dirixe a orquestra;
todos a miran,
moito lle presta!
Un madamito
e unha madama
montan barullo
cunha gadaña.
Dende Buxán
a barullada
ármana as máscaras
con sachos e aixadas.

Touro e xigante
de Celavente
con aturuxos
moven a xente.
E o cabreiro
vén de Muíños
cantaruxando
«O Miudiño».
O vixigueiro,
que é de Samede,
sen que llo manden
tira foguetes.
E a Marela
que che é moi !na
lanza confeti
e serpentinas.
Dende a Veiga
chegou o boi.
Queredes viño?
Traio un bocoi!
E xa pechando
a comitiva
o fedelloso
papa na bica.

Non pare a festa, recoiro!
Quero sitio no folión!
Que o Entroido é para enchedoiros
e aquí vén o máis lambón.

credits

released January 14, 2021

license

all rights reserved

tags

about

Os Amigos dos Músicos Ourense, Spain

Prensa e contratación:
nos@osamigosdosmusicos.eu

contact / help

Contact Os Amigos dos Músicos

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this track or account

Os Amigos dos Músicos recommends:

If you like Os Amigos dos Músicos, you may also like: